Reserve ya una mesa en Alameda XXI
Faga a súa reserva.
Cada detalle é esencial
Benvidas/os ao Restaurante Alameda XXI, un lugar onde a materia prima manda.
En Galicia somos conscientes do gran valor da nosa contorna. Do encanto do mar e do verde da nosa terra nace a nosa paixón polos produtos locais e de proximidade.
A nosa carta reúne tradición e vangarda. Sen perder a nosa esencia, conservamos algunhas receitas que van de xeración en xeración, reinventamos outras e introducimos novidades, fusionando a máis avanzada técnica coas nosas raíces mariñeiras.
Estamos en constante actualización! A través do noso calendario gastronómico pódense degustar os mellores pratos, aproveitando as materias primas de cada tempada.
Agora que tanta falta fai unha alegría…
Que tal se gozamos dunha deliciosa comida no noso restaurante?
Bernardo Esperante Lago
Chef Executivo Gran Hotel nagari
Descobra os nosos menús.
No restaurante Alameda XXI pode optar polos nosos espectaculares menús de degustación ou pola nosa carta de tempada. Ámbalas dúas son estacionais, sempre salientando os mellores produtos de tempada, con especial predilección polos produtos da nosa terra e do noso mar.
Consulte co noso persoal todo sobre os menús executivos e as xornadas gastronómicas.