parallax background



parallax background



AS HABITACIÓNS

Desfrute cada intre

no Gran Hotel Nagari


Acollémolo/a nas 72 habitacións que temos ao seu dispor.
Benvida/o á tranquilidade. As nosas habitacións mesturan comodidade e deseño. Son idóneas para o descanso no mesmo corazón da cidade.

parallax background

Loft Room

Cun deseño elegante, ecléctico e vangardista, as nosas habitacións Loft reúnen innovación e pracer estético cunha atención exquisita e servizos exclusivos para facer da súa estancia unha experiencia inesquecíbel. Ademais, co fin de sorprender ao cliente en cada unha das súas visitas, o proxecto decorativo inclúe ambientación e cores diferentes en función do andar.


Detalles
Capacidade 1/2 persoas
Camas 1 tamaño Queen
Espazos Bañeira de hidromasaxe, balcón (según disponibilidade)
Amenidades Smart TV, minibar, cafeteira


Executive Room

Déixese envolver pola nosa cálida e acolledora habitación Executive, cuxa distribución, a diferenza das demais Loft, permite gozar dunha zona de lectura e un escritorio que proporciona maior intimidade á estancia. O seu proxecto decorativo inclúe os mesmos elementos que nas Habitación Loft e contan con todos os servizos para gozar dun descanso nun ambiente elegante e relaxado.


Detalles
Capacidade 1/2 persoas. Posibilidade de supletoria
Camas 2 twins ou 1 king
Espacios Bañeira de hidromasaxe, zona de lectura, escritorio, balcón (suxeito a disponibilidade)
Amenidades Smart TV 4K, minibar, cafeteira

parallax background

Gold Suite Alameda

O espírito do luxo contemporáneo escenificado no conforto dos materiais nobres e no deseño de vangarda e tecnoloxía en cada un dos detalles que agocha este magnífico universo cosmopolita. A cor branca impón a súa singular presenza en elementos decorativos únicos, un mobiliario elegante e coidadosamente seleccionado respira na harmonía das grandes fiestras cara o centenario arboredo da praza da Alameda de Vigo, a zona nobre da cidade.
Sedas naturais, materiais ecolóxicos, tecnoloxía, luxo e refinamento decorativo, cun tratamento acústico e luminoso especial. Calma e suntuosidade.


Detalles
Capacidade 1/2 persoas
Camas 1 tamaño King size
Espazos Bañeira de hidromasaxe, sofá, balcón á Alameda
Amenidades Smart TV, minibar, cafeteira, altofalante Bluetooth
Ver mais imaxes


parallax background

Silver Master Suite

Elementos harmonicamente ensamblados para escenificar unha visión do luxo máis cosmopolita e contemporaneamente elegante.
Un inventario interminable de materiais inspirados na natureza, onde a luz atlántica asolaga o privilexiado espazo orientado cara o mar.
Un exercicio estilístico evocador de calma e refinamento co espírito boutique, que evoca a integración de continente e contido.

Detalles
Capacidad 1/2 persoas
Camas 1 tamaño King size
Espazos Jacuzzi, salón independente, cheminea, vistas ao mar
Amenidades Smart TV, minibar, cafeteira, altofalante Bluetooh
Ver mais imaxes

parallax background

Gold Master Suite

Nobreza Obliga
O material máis nobre inspira esta Suite que cromaticamente percorre os matices do luxo en pezas únicas. Tecidos naturais e nobres, sedas, mármores…
Un espazo reservado para a calma interpretada en termos cromáticos, para o glamour dos lugares únicos e cosmopolitas, con pezas singulares e luxosas. Amor polos pequenos detalles que garanten o confort aos seus moradores.


Detalles
Capacidade 1/2 persoas
Camas 1 tamaño King size
Espacios Jacuzzi, salón independente, cheminea, vistas ao mar
Amenidades Smart TV, minibar, cafeteira, altofalante Bluetooth
Ver mais imaxes